Reciclado
Cando o teléfono alcance o final da súa vida útil, poderán reciclarse todos os materiais
como outros materiais e enerxía. Para garantir a correcta eliminación e reutilización,
Protección do medio
35
Nokia coopera cos seus asociados mediante un programa denominado We:recycle.
Para obter información sobre como reciclar os seus produtos Nokia antigos e sobre
onde atopar puntos de reciclaxe, visite a páxina www.nokia.com/werecycle ou chame
ao centro de atención ao cliente de Nokia.
Para reciclar os paquetes e guías de usuario, siga o procedemento habitual na súa
zona.
O símbolo do contedor con rodas riscado cun "x" no produto, a batería, as instrucións
ou a embalaxe lémbranlle que todos os produtos eléctricos e electrónicos, as baterías
e os acumuladores se deben refugar por separado ao final da súa vida útil. Este
requisito aplícase na Unión Europea. Non se desfaga deste produto do mesmo xeito
que dos residuos domésticos normais. Para obter máis información verbo da
incidencia no medio do teléfono, diríxase á páxina www.nokia.com/ecoprofile.