Inserir unha tarxeta SIM e a batería
Importante: O dispositivo está deseñado para utilizarse unicamente cunha tarxeta
SIM estándar (consulte a ilustración). O uso de tarxetas SIM non compatibles pode
producir danos na tarxeta ou no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
Póñase en contacto co seu operador de telefonía móbil para obter información acerca
do uso dunha tarxeta SIM que dispoña dun interruptor mini-UICC.
Este tel fono est destinado a empregarse con bateras BL-5J. Utilice sempre baterías
orixinais de Nokia.
Introdución
7
1 Tire da lingüeta de apertura da tapa traseira cara á parte inferior do teléfono e
retire a tapa.
2 Se a batería está inserida, retírea.
3 Deslice o soporte da tarxeta SIM para desbloquealo (1) e utilice a súa uña para
levantalo. Asegúrese de que a área de contacto estea orientada cara a abaixo
cando o soporte da tarxeta SIM estea baixado (2), insira a tarxeta SIM no soporte
e báixeo (3). Deslice o soporte da tarxeta para bloquealo (4).
4 Aliñe os contactos da batería e do compartimento desta e insira a batería. Para
volver poñer a tapa no seu sitio, primeiro dirixa os peches de seguridade da parte
superior cara á rañura correspondente e, a continuación, prema a tapa cara
abaixo ata que encaixe no seu lugar.