Escribir co teclado
O seu teléfono ten un teclado completo.
1
Tecla de función. Para inserir os caracteres especiais impresos na parte
superior das teclas, prema a tecla de función e, a continuación, a tecla
correspondente. Para inserir varios caracteres especiais seguidos, prema a tecla
de función dúas veces. Para regresar ao modo normal, prema a tecla de función.
2
Tecla maiús. Para cambiar entre os modos de maiúsculas e minúsculas, prema
a tecla maiús. dúas veces. Para introducir unha soa letra maiúscula no modo de
6
Introdución
minúsculas ou unha soa letra minúscula no modo de maiúsculas, prema a tecla
maiús. unha vez e, a continuación, a tecla alfabética desexada.
3
Tecla de símbolos. Para inserir caracteres especiais que non se amosan no
teclado, prema a tecla de símbolos e seleccione o carácter que desexe.
4
Tecla de retroceso. Para borrar un carácter, prema a tecla de retroceso. Para
borrar varios caracteres, manteña premida a tecla de retroceso.
5
Tecla Intro. Para mover o cursor á fila ou campo de entrada de texto seguinte,
prema a tecla intro. As funcións adicionais están baseadas no contexto no que se
atope.
6
Tecla Ctrl. Para cortar, copiar ou pegar texto seleccionado, mentres mantén
premida a tecla Ctrl., prema C, X ou V. Para seleccionar todo o texto, mentres
mantén premida a tecla Ctrl., prema A.
Inserir variantes dunha letra
Pode inserir, por exemplo, letras con acentos. Para inserir á, manteña premida a tecla
de símbolos e, a continuación, prema A repetidamente ata que apareza a letra
desexada. A orde e dispoñibilidade das letras depende do idioma de escritura
seleccionado.