Acerca da conectividade Bluetooth
Seleccione
Menú
>
Axustes
>
Conectividade
>
Bluetooth
>
Activado
.
Pode conectarse sen fíos a outros dispositivos compatibles como teléfonos,
ordenadores, auriculares e micro ou kits vehículo.
A conexión pódese utilizar para enviar elementos desde o teléfono, copiar ficheiros
desde o seu ordenador compatible e imprimir ficheiros cunha impresora compatible.
Debido a que os dispositivos con tecnoloxía sen fíos Bluetooth se comunican
mediante ondas de radio, non se teñen que atopar nunha liña visual directa. Non
obstante, cómpre que se atopen como máximo a 10 metros o un do outro, aínda que
a conexión pode sufrir interferencias debido a obstáculos como paredes ou a outros
dispositivos electrónicos.
Conectividade
21
Cando o teléfono se atopa bloqueado, só se poden establecer conexións con
dispositivos vinculados axustados en
Conexión automática
.
Consello: Para acceder rapidamente aos axustes de Bluetooth, na pantalla de inicio,
prema de xeito prolongado a tecla de Bluetooth .